O Grupo Municipal do Partido Popular pide ao goberno local que reforce a seguridade dos elementos deportivos dos recintos de titularidade municipal.
Nese senso, os edís populares destacan que varios veciños trasladaron as súas queixas polo perigo que supón a falta de elementos de protección das canastras do Palomar, que segundo os populares presentan unha apariencia de provisionalidade.
Segundo explican os concelleiros populares, “aínda que cabería agardar que esta estrutura da canastra estivese revestida de gomaespuma, o único que hai é material illante de fontanaría con cinta de embalar”, polo que acusan aos socialistas de despreocupación e desinterese.