A música de Verdi chega mañá a Lugo coa Violetta Valery de Laura Alonso

Baixo a dirección musical de Raúl García Velázquez, e protagonizada por Laura Alonso Padín, a opera, baseada en La dama de las Camelias, de Alejandro Dumas, contará aos lucenses a vida da cortesá Violetta Valery, en tres actos nos que a voz de Laura Alonso estará acompañada polo Coro Promópera e a Orquesta Sinfónica da Universidade Autónoma de Chihuahua. La Traviata é una das obras de Giuseppe Verdi máis recoñecidas polo gran público.

O espectador poderá ver como Violetta Valery coñece a Alfredo Germont, sentindo, de primeira man, as emocións que van desde a alegría ata a frivolidade. As vicisitudes que atravesan os amantes durante o seu romántico periplo, conduciranlles a un inevitable desenlace dramático. Un gran escándalo na época da súa estrea que levou a Giuseppe Verdi a un fracaso estrepitoso tanto de público como de crítica. O título da obra, que traducido ao galego, podería chamarse ‘descarriada’, fai saber ao espectador o que lle pode esperar á protagonista que será castigada polos seus pecados.

O París da segunda metade do século XIX, unha cortesá e un primeiro amor son as tres claves dunha das obras que mellor retrata a vida parisina da época.

Esta produción de PromÓpera conta coa dirección de escena Mario López; a escenografía está en mans de Lorenzo Venchi, e o vestiario levará a firma da deseñadora Ángeles Martínez. Encarna a Violetta Valéry, a soprano Laura Alonso Padín, que tras facelo en grandes teatros europeos, asúmeo de novo, esta vez, na súa terra natal. Xunto a ela o Giorgio Germont de Igor Makarov, e o Alfredo do tenor Carlos Alberto Velázquez.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com