O candidato do BNG á alcaldía de Lugo, Rubén Arroxo, avanzou que lle proporá ao goberno municipal a apertura e posta en funcionamento do espazo infantil da praza de Abastos. Este espazo foi creado a finais do ano pasado, funcionou durante o nadal, pechouse e non se volveu facer nada nesta zona infantil.
Rubén Arroxo lamentou que non se aproveite esta infraestrutura municipal para axudar a revitalizar o centro da cidade, o propio mercado e a praza de Abastos”moitas nenas e nenos poderían disfrutar deste espazo infantil mentres os pais e nais fan as compras no casco histórico”.
A proposta do BNG por poñelo en funcionamento nas mañás do sábado por que “son días nos que hai actividade económica e permitiría conciliar mellor a vida familiar coas compras e incluso co traballo dalgunhas persoas que traballan no centro e non teñen onde deixar as crianzas durante a xornada laboral”.