O Goberno proporá a delegación dos procesos selectivos da Policía Local na Administración Autónoma

O Goberno local propoñerá á Corporación municipal no vindeiro Pleno a aprobación dun convenio de colaboración para delegar na Administración Xeral da Comunidade Autónoma de Galicia as competencias en materia de convocatoria e desenvolvemento dos procesos selectivos para o acceso ás diferentes categorías do corpo da Policía Local. O Executivo confía en que este instrumento sirva para axilizar o axeitado dimensionamento da plantilla de axentes, sobre todo despois da entrada en vigor, o 2 de xaneiro, do Real Decreto Lei que regula a xubilación anticipada dos policías.

O Goberno incluíu nas catro ofertas de emprego público que sacou adiante (2015, 2016, 2017 e 2018) un total de 19 prazas de policía, 8 de quenda libre e 11 de promoción interna, neste caso 4 para ascender a inspector, unha a inspector principal e unha a intendente. Ademais, está a traballar na elaboración da Oferta de Emprego Público deste 2019, a 5ª que impulsa no que vai de mandato, co fin de acordala na Mesa Xeral de Negociacións coas organizacións sindicais. Esta OEP cubrirá o 100% das xubilacións producidas ou presentadas este ano, un total de 32.

Todos os concellos galegos están vivindo unha situación de merma da plantilla trala entrada en vigor do decreto de xubilación anticipada da Policía, que se pronuncia en Lugo porque a media de idade dos traballadores municipais é de 55 anos ou máis, e que é máis agudizada en Galicia que noutras comunidades porque a normativa autonómica impide a cobertura de prazas con funcionarios interinos na Policía.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com