Reixtro Civil

O Ministerio de Xustiza descarta crear un novo xulgado do Social en Lugo

O Ministerio de Xustiza descartou onte a creación dun novo xulgado do Social para Lugo, tal e como acordaron solicitar a Xunta e Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) ao Goberno Central. Ante esto o director xeral de Xustiza, Juan José Martín anunciou esta mañá en Lugo a convocatoria, para o vindeiro luns, da comisión mixta de xustiza (formada por Xunta e TSXG) co obxectivo de volver a reivindicar estes xulgados para Lugo.

Tras visitar a sede da Audiencia Provincial, o director xeral asegurou que esa reclamación viña motivada pola carga de traballo de entrada de asuntos anuais, e censurou que, por primeira vez, o Ministerio non sigue a proposta autonómica e autoriza outros xulgados diferentes.

Ante esto, a rexedora lucense anunciou que o Concello reclamará o xulgado do social para a cidade e propoñerá, na vindeira xunta de voceiros, o luns ás 10 da mañá, unha declaración institucional para reivindicar a creación deste órgano xurídico

Moción de urxencia para reclamar o Xulgado

Neste senso, o voceiro do Partido Popular no Concello de Lugo, Antonio Ameijide, confirmou que levarán ao pleno deste mes unha moción de urxencia para amosar o rexeitamento do pleno á decisión do Goberno do Estado de non conceder un novo xulgado do Social a Lugo, tal e como se tiña reclamado e comprometido por parte da Xunta de Galicia e polo Tribunal de Xustiza de Galicia.

Antonio Ameijide sinala que a noticia coñecida esta mesma semana sobre que o Goberno do Estado decidiu non crear un novo xulgado do Social en Lugo “ten que ser obxecto dunha resposta inmediata e contundente” por parte do Concello de Lugo, xa que se trata dunha necesidade moi importante dos xulgados lucenses e que vén reclamando desde hai moito tempo.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com