Fomento remata os traballos de mellora do firme da N-VI en Outeiro de Rei

A subdelegada do Goberno, Isabel Rodríguez, supervisou hoxe as obras de mellora do firme que realizou o ministerio de Fomento na estrada N-VI ao seu paso polo concello de Outeiro de Rei.

Isabel Rodríguez destacou que “Fomento está a facer obras nas principais estradas e en moitos concellos da provincia porque a prioridade deste Goberno é que Lugo dispoña das mellores infraestruturas”. A subdelegada visitou a primeira fase da actuación de emerxencia en Outeiro de Rei, onde remataron hoxe os traballos de reparación do firme que se realizaron nun treito de algo máis de 6 kilómetros. Para a semana que vén, Fomento ten previsto continuar as obras de mellora do firme e a seguridade vial na mesma estrada en dirección a Pedrafita.

Estas obras forman parte dunha actuación que leva a cabo Fomento en catro das principais estradas da nosa provincia. Ademais da N-VI, realizanse melloras do firme na N-540, a N-120 e a N-634. O investimento total nestas obras é de 2,22 millóns de euros. Unha actuación coa que o Goberno traballa para manter en bo estado de conservación a rede estatal de estradas na provincia de Lugo.

Co mesmo obxectivo, Fomento leva investidos na conservación e mantemento das estradas da provincia máis de 21,1 millóns de euros nos últimos meses. Para este ano, os Presupostos Xerais do Estado incluían unha partida de 26 millóns de euros para o mesmo fin.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com