Arrancamos o día de hoxe coa crónica de sucesos, unha persoa resultou ferida en Samos despois de envorcar o vehículo no que viaxaba ao seu paso pola localidade lucense de Samos. Foi precisa a intervención dos Bombeiros de Sarria para liberar á persoa do interior do turismo.
Ademais, debido á gravidade das lesións ocasionadas, tras o impacto, os servizos sanitarios de urxencia mobilizaron o helicóptero medicalizado con base en Ourense, que trasladou á persoa ferida ata o Hospital de Ourense. O accidente ocorreu pasados uns minutos das 14:30 horas da tarde de onte. Foi a esa hora, cando varios particulares informaban ao 112 Galicia dun coche envorcado á altura do punto quilométrico 44 da estrada autonómica LU-633.