A asemblea local do BNG en Lugo aprobou a única proposta de candidatura presentada para concorrer ás vindeiras eleccións municipais do mes de maio. Rubén Arroxo encabezará a candidatura que estará pechada por Suso Méndez (Suso de Navia). Arroxo sinalou que “a presenza de Suso Méndez é un recoñecemento aos 42 anos de entrega ao nacionalismo e ao seu traballo en diversas plataformas como a das preferentes en Lugo”.
O BNG xa presentara, a mediados de decembro, o primeiro tramo da candidatura e agora complétanse os nomes das 25 persoas que conformarán a candidatura. Arroxo destacou, tamén, “a incorporación de mocidade e de persoas que teñen unha recoñecida traxectoria profesional en diversos ámbitos”. A candidatura do BNG está formada por 25 persoas e destaca a implicación social de gran parte das integrantes e a súa participación en movementos culturais, veciñais, sociais e sindicais.
“Buscamos que estivesen representados diferentes sectores profesionais e contar cunha variada presenza de persoas vencelladas a colectivos sociais”, dixo Arroxo e sinalou a inclusión na candidatura de persoal da sanidade, funcionarios, deportistas, persoas xubiladas, profesionais independentes, autónomos, persoal do ensino e da universidade, estudantes, etc…
Lista
- Rubén Arroxo Fernández
- Maite Ferreiro Tallón
- Alex Penas Roibás
- Cristina López Fernández
- Felipe Rivas Jorge
- Alexandre Espiño Castro
- Beatriz Cedrón Vilar
- Carme Salvadores Cobas
- David Vázquez Vázquez
- Iria Buide Pena
- Fran Ulloa Prado
- Sandra Sánchez Pérez
- Xosé Paz Fernández
- Rexina Álvarez Prada
- Xosé Luis Varela Piñeiro
- Esther López Rodríguez
- Daniel Cabana Yáñez
- María Carme Longarela Pena
- Fernando Fernández Fernández
- Maria do Carme Pérez Arias
- Avelino Basanta Regueira
- Elva Sobrado Abraira
- Benigno Ruiz Nogueiras
- Esther Gómez Fórneas
- Xesús Méndez Rodríguez