Un peón faleceu esta madrugada despois de ser atropelado por un turismo na N-642 ao seu paso polo concello de Burela.
Uns minutos despois das 05:15 horas desta madrugada, varios usuarios da vía chamaban ao 112 Galicia para alertar dun vehículo parado na estrada que une as localidades de Viveiro e Burela, a altura do cruce sentido Barreiros. Indicaban que podería tratarse dun atropelo a un peón.
Decontado, os xestores de emerxencias puxeron en alerta ao 061-Urxencias Sanitarias, aos axentes da Garda Civil de Tráfico e aos membros do GES de Cervo. Así mesmo, púxose o suceso en coñecemento da Policía Local e Protección Civil da localidade.
A pesar dos esforzos dos servizos sanitarios desprazados ata ao punto, só puideron confirmar o falecemento da persoa.