Vidal Baamonde: “Ou rectifica o PP ou emprenderei todas as medidas legais posibles”

O Deputado de Turismo, Eduardo Vidal Baamonde, desmontou hoxe as “gravísimas acusacións” do Partido Popular sobre o servizo de catamaráns, amosando publicamente todos os permisos legais que garanten a seguridade das embarcacións (seguros de 2018 permisos de navegabilidade de 2018 e ITBs con vixencia dende 2018 e ata 2021). Con toda esta documentación pública na man, que puxo a disposición de todos os interesados, Vidal Baamonde demostrou que “o PP mentiu e calumniou” e asegurou que, ou rectifica xa “por todo o dano ocasionado” ou acode a xustiza.

“Vai sendo hora de que o Partido Popular saiba que na política, como en todos os ámbitos da vida, non todo vale. De ningún xeito podemos consentir nin a mentira, nin a calumnia”, asegurou Vidal Baamonde que criticou que o PP está a danar a imaxe e o valor deste servizo “que é capaz de atraer a nosa provincia, á Ribeira Sacra en particular, a 60.000 persoas, como o fixo o ano pasado”.

“Polo tanto, como dicía, a absoluta irresponsabilidade do Partido Popular, as súas mentiras e calumnias, van moito máis alá do dano ou desprestixio que lle poidan causar a miña persoa ou ao Goberno da Deputación. O PP está a facer dano a todos os lucenses e a toda a provincia. Díxenlles no Pleno que lles ía a dar o beneficio da rectificación e vou a cumprir coa miña palabra. Agardo que o Partido Popular rectifique publicamente. Se non o fai, emprenderei todas as medidas legais posibles. Pois, como digo, na política, como nesta vida, non todo vale”. Vidal Baamonde irá a xustiza persoalmente, pois o PP tamén chegou a acusalo de “falsear documentación publica”.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com