Codex achega a Lugo o lao máis duro do narcotráfico

Nestes últimos anos asistimos a varias ficcións que van na busca das raíces do narcotráfico na nosa sociedade. Series como Narcos ou Fariña puxeron estas actividades criminais no imaxinario colectivo dos espectadores. Unha serie de rutinas e personaxes que teñen tanto de fascinante como de terrible. Moitas series e filmes poñen aos narcotraficantes como antiheroes ou estrelas de rock posuídas pola violencia e por uns intereses económicos depredadores. A estrea de Codex Cinema desta semana é un retrato sen concesións dese mundo, un thriller de denuncia tan poderoso como rigoroso chamado Pájaros de verano. Dende Colombia, este filme gañou o respecto da crítica en moitos festivais internacionais, confirmando a boa liña dos cineastas Cristina Gallego e Ciro Guerra tralo seu anterior traballo El abrazo de la serpiente.
En Pájaros de verano, os cineastas fálannos dos anos 70, da febre da marihuana e o mercado da droga, de novo mesturando o suicidio económico dun país dominado por estas prácticas ilegais e o seu impacto na cultura aborixe. Neste filme chocan a civilización occidental coas culturas indíxenas, ou ben se mesturan nunha sorte de imposible sincretismo, como a propia película de Gallego e Guerra, onde tanto podemos ver un thriller ao
estilo americano como un filme de autor sobre a paisaxe e as tradicións das xentes orixinarias do país.
Este filme fascinante e didáctico, violento e desbordante, foi seleccionado para abrir a Quincena dos Realizadores do Festival de Cinema de Cannes, a sección dedicada ao cinema máis desafiante e de maior repercusión crítica, no ano do seu cincuenta aniversario. Unha honra reservada para filmes realmente especiais e destacados. É unha historia coral e con grande importancia da paisaxe e da pegada da historia no presente, ao igual que o filme predecesor destes cineastas, se cadra os máis importantes de Colombia na actualidade.
Horarios Entroido
Malia que seguimos en horarios reducidos durante a semana, atendendo a festividade do martes de entroido, os nosos cinemas abren para dar pases extra das películas que temos na nosa grella. Unha oportunidade para todos aqueles que non se poden achegar durante a fin de semana

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com