O BNG denuncia verteduras de augas fecais ao Miño no entorno da Fábrica da Luz

O voceiro do BNG, e candidato á alcaldía de Lugo, Rubén Arroxo denunciou hoxe a existencia de verteduras de augas residuais no entorno do Miño á altura da Fábrica da Luz. As augas residuais emanan do terraplén que sustenta a estrada que vai cara o Pazo de Feiras e teñen unha cor verdosa e un cheiro, descrito polos nacionalistas como “a putrefacción”. Ademais das propias augas residuais aparecen restos de elementos de hixiene intima e restos téxtiles.

Arroxo reclamou que o Concello se encargue de vixiar este tipo de avarías por que “poden ter consecuencias medioambientais lamentables”. “Xa denunciamos, fai moito tempo, o estado no que se atopa este zona”, dixo Arroxo e engadiu “hai unha ponte totalmente destrozada sobre a canle que leva a auga a fábrica da luz que é un autentico perigo, a pesar de que existe un valado, hai moitas veces que queda aberto”.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com