Fomento anuncia a construcción dun apeadeiro do Feve nas Catedrais

O alcalde de Ribadeo, Fernando Suárez, declarou que o entorno da praia das Catedrais hai que facelo máis atractivo potenciando os servizos públicos de transporte. Así se referiu á intención do Ministerio de Fomento de construír un apeadeiro de Feve nas inmediacións do emblemático areal. O rexedor felicítase pola nova e agarda que non se trate dun “anuncio electoral”. Barcia subliñou que esta semana podería quedar listo o plan especial de protección da praia das Catedrais, no que o Concello leva moito tempo traballando, para proceder á súa aprobación provisional e ao posterior envío á Xunta de Galicia.

Fernando Suárez dixo que o goberno local ten que “parabenizar” ao Ministerio de Fomento por esta iniciativa que, “por fin, se ve que se empeza a facer caso do que desde o Concello de Ribadeo levamos varios anos dicindo, que este
entorno hai que facelo máis atractivo” potenciando os servizos públicos de transporte.

O rexedor lembrou que ao areal das Catedrais vai uns medio millón de visitantes ao longo do ano. “Vendo, por outra banda, que Feve está nunha situación bastante decadente, e que pode ser unha escusa perfecta para que desde calquera punto, desde calquera estación, non soamente desde Ribadeo, senón desde outros lugares de Galicia, Asturias, Cantabria ou mesmo País Vasco, poidan vir directamente á praia das Catedrais en transporte público”.

Suárez Barcia agarda que “non sexa un anuncio electoral, senón que sexa realizable e posible, e que o digan de corazón e con toda a intención de facelo, e desde o Concello a partir de hoxe poñémonos á súa disposición para coordinar as actuacións. Entendo que despois do apeadeiro haberá que facer un acceso, polo tanto hai cousas nas que o Concello é capital para todo isto”.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com