Minuto de silencio polas vítimas do 11M

Vinteún minutos antes das oito da mañá dun día coma hoxe, 11 de marzo, tan só quince anos atrás, tres bombas estalaban nun tren que chegaba á madrileña estación de Atocha. Outras sete facíano, máis tarde, noutros convois. O día da maior acción terrorista do Estado Español, inundou de solidariedade o país a tres días dunhas eleccións. ÇAs consecuencias: máis de 1.800 feridos e preto de 200 falecidos en mans de AlQaeda.

Por esta razón, diferentes autoridades municipais e provinciais reuníronse nun minuto de silencio as 11.00 horas desta mañá diante da Casa Consistorial lucense para amosar a súa repulsa, un ano máis, a estes feitos e conmemorar así ás vítimas destes atentados terroristas.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com