Técnicos municipais da Mariña fórmanse no uso do Sistema de Información Xeográfica

Técnicos municipais de 15 Concellos da Mariña comezaron hoxe a formación gratuita sobre Sistemas de Información Xeográfica (SIX); un curso orientado á xestión técnica municipal e que terá lugar ata o 29 de marzo nas dependencias da Aula Cemit de Burela. Está impartido por técnicos do Laboratorio do Territorio (LaboraTE) da Universidade de
Santiago no Campus Lucense.

A formación consiste no emprego de Sistemas de Información Xeográfica co uso do programa de software libre Quantum GIS(QGIS). Desta maneira os técnicos municipais dos concellos da Mariña Lucense poderán coñecer dita ferramenta tan demandada e tan pouco empregada na administración local.

Os Sistemas de Información Xeográfica e a Enquisa de Infraestrutura e Equipamentos Locais serven para elaborar planos con cartografía totalmente actualizada, mellorando a calidade nos informes municipais. Ademais ditos programas poderán empregarse como instrumento básico de análise e valoración dos bens e servizos dos concellos, así como para a planificación do territorio que se xestiona.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com