Louzao: “O ‘estamos traballando niso’ xa non é suficiente”

O Grupo Municipal de Cidadáns en Lugo tivo un encontro esta mañá coa Asociación de xubilados e pensionistas de Lugo (AJYPEL), onde falaron dos “numerosos problemas” cos que se atopa este colectivo cidadán continuamente na cidade.

“A asociación reuniuse coa alcaldesa reclamando actuacións que dende Cs Lugo levamos solicitando desde o inicio do mandato”, considera Olga Louzao, voceira da agrupación municipal. “Agora ata as propias asociación teñen que pedir ao Goberno Municipal que amañe as pantallas nas que se sinala o tempo de chegada dos autobuses ou que repinte os pasos de peóns, pero aínda non houbo ningunha acción para solucionalos. O ‘estamos traballando niso’ xa non é suficiente”, opinou.

Actualmente na provincia de Lugo hai mais de 115.000 pensionistas, o 35% da poboación, que están cobrando unha pensión media de 736,45 euros, unha das mais baixas de toda España. O colectivo AJYPEL reclama unha serie de actuacións que beneficiarían aos mais de 25.000 pensionistas que hai na cidade de Lugo. Entre estas reclamacións atópase a subida das pensións ou a mellora na sanidade, e a nivel local poñer en funcionamento os paneis informativos das paradas de transporte público; que os autobuses acérquense as rúas; que se repinten os pasos de peóns; a axilización dos trámites burocráticos de axudas a domicilio e que se aumente a vixilancia para evitar a circulación de bicicletas polas estradas. Medidas que o Grupo Municipal de Ciudadanos apoiou.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com