Jose Carlos Lazo, jugador Estrella Galicia de febrero

Sexta entrega da tempada do Xogador Estrella Galicia do mes e primeira na que José Carlos Lazo faise co galardón. Este mediodía, entregouse no Babel Lounge Bar o premio Xogador Estrella Galicia que distinguía a Lazo como mellor xogador do CD Lugo no mes de febreiro. O extremo andaluz logra así o seu primeiro premio como Xogador Estrela Galicia, sucedendo a Juan Carlos.

Lazo consigue con este galardón meterse na pugna polo premio Xogador Estrella Galicia do ano, ao que de momento só optaban Juan Carlos e Carlos Pita, con 2 e 3 premios respectivamente. Os finalistas nesta ocasión foron os capitáns Carlos Pita e Fernando Seoane.

Marcos Álvarez Neira, propietario do Babel Lounge Bar, foi o encargado de facer entrega do premio ao futbolista albivermello. Posteriormente, foi Lazo o que obsequiou cunha camiseta asinada polo equipo ao propietario do establecemento situado na Rúa Menorca, que recibiu o premio Hostaleiro Estrela Galicia do mes de febreiro. Co premio xa nas súas mans, Lazo quixo agradecer aos afeccionados que o elixiran como o mellor xogador do equipo no mes de febreiro: “Estou feliz e contento. Quero dar as grazas á afección porque sempre están a animar, tanto nas boas como nas malas”

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com