O colexio Otero Pedrayo de Rábade acolle dende mañá a exposición Manuel Rodríguez López, emigrante galego – poeta obreiro que promoven Galicia Digital, a familia do escritor e o Concello de Paradela, co apoio das administracións autonómica e provincial así como a Denominación de Orixe Ribeira Sacra. A inauguración será mañá, xoves, ás 11.00 horas.
A mostra, que ven de estar no colexio Tino Grandío de Guntín, ofrécese agora ós alumnos do colexio rabadense durante a segunda quincena de marzo.
No acto de inauguración estarán presentes o alcalde de Rábade, Francisco Fernández Montes; o de Paradela, José Manuel Mato Díaz; a Xefa Territorial de Cutura da Xunta de Galicia, María José Gomez Rodríguez, e o Director de Galicia Digital, Antonio Giz.