Sabela Pérez encabezará a candidatura do BNG en Becerreá

O BNG presentou á candidata á alcaldía de Becerreá para as eleccións municipais de maio. Sabela Pérez, quen volve encabezar a lista do BNG, indicou que “transparencia, traballo, honradez e ilusión son as bases do proxecto que temos dende o BNG para mellorar Becerreá”. Dende o BNG, advirten que están a traballar para aportar ao concello un cambio responsable “que favoreza a participación activa da veciñanza na vida municipal, sendo atendida polo goberno do concello sen discriminacións”. 

“Estamos recibindo mostras de apoio por que se percibe ao BNG como unha forza renovada, en claro ascenso, cun proxecto para Becerreá e para Galicia e temos o respaldo de moitos anos de traballo serio e rigoroso” dixo Sabela Pérez, quen indicou que “temos un equipo para gobernar, formado por persoas de recoñecida solvencia e integridade”.

Ovidio Montaña, quen ocupa o segundo posto da lista, indicou que “apostamos polo mantemento de carballeiras e soutos para a explotación sostible de madeiras nobres e froitos complementarios, tamén defenderemos as  explotacións gandeiras da zona por que son a base do mantemento da comarca”, así como “potenciar o asentamento de empresas para crear riqueza e emprego en Becerreá”.

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com