‘Chaman por teléfono’

Antes falabas por teléfono e podías saber quen te chamaba porque as telefonistas encargánse de facer as conexións, locais, provinciais ou nacionais. As locais eran prácticamente inmediatas, as conferencias provinciais tardaban algo máis, e as nacionais dependía do tráfico telefónico. Aínda lembro, e eran mediados dos anos setenta, que desde Miño –onde veraneaba- a Lugo, unha conferencia podía tardar unha hora.

Logo mellorouse na conexión, en calidade e rapidez, automatizouse o sistema, e deixou de controlarse a procedencia das chamadas, porque non aparecía o número de procedencia. Esto, tardou ben anos en realizarse, e é un milagro da técnica recente, que se fixo posible hai moi pouco tempo.
Agora, sexa un teléfono fixo ou móvil, cando chamas indicas quen es, e cando te chaman tamén. E se tés gravado o nome, en lugar do teléfono xa che aparece o titular para facilitar o contacto.

E cando alguén quere facer unha chamada covarde, borra esa identificación, de maneira que non apareza o número que se sustitúe polo anonimato. Eu non sei como se consegue, pero algúns dos que me chaman, si. E conségueno algúns aos que non lles gusta algún aspecto dos meus comentarios, os que coidan poido tratar determinado tema que non lles interesa, ou os que non opinan coma min.

Tamén é casualidade que todos eles saiban borrar o número para que non os identifique, pero a cousa é así. Unha solución podería ser non descolgar cando non se ve o número no teléfono, pero ao final a curiosidade pode máis ca razón, e acabo escoitando parvadas anónimas que non é que non me afecten. Que si que me afectan, pero de paso fanme pensar que os chamantes anónimos danme máis importancia da que teño, e eles son moito máis pobres do que pensan. Pobres de solemnidade, pobres de pedir, pobres de non ter onde caer mortos. Porque mortos están.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com