A terceira gala Lugo vístese de primavera, organizada pola Asociación de Autónomas de Galicia, para impulsar o comercio de proximidade, chega á cidade, un ano máis, o vindeiro sábado, día 30 de marzo, coa colaboración das institucións local e provincial.
23 comercios da cidade mostrarán a variedade e calidade dos seus produtos, a través de 20 modelos adultos e preto de 25 nenos, que desfilarán o día 30 de marzo polos corredores da planta baixa do Pazo de San Marcos. As entradas para asistir son totalmente gratuítas, sendo o aforo de 300 persoas, polo que é necesario solicitar os convites nos establecementos participantes.
Na Sala de Exposicións do Pazo de San Marcos haberá obradoiros infantís, que permitirán ao público asistir cos máis pequenos da casa e que estes se entreteñan durante todo o desfile. Ao finalizar, entre os asistentes sortearanse dous vales de 50 euros e un de 100 euros para gastar nas tendas participantes.
Nesta 3ª edición do Lugo vístese de primavera, novos comercios únense a esta gala, así desta volta son 23 os comercios que darán a coñecer as súas propostas no mundo da moda: téxtil, calzado, xoiería, peletería e complementos, 18 dos establecementos diríxense a adultos, mentres que os outros 5 son de moda infantil. Os comercios participantes son: Veritas Veritatis, Chic fashion&co, Malizia, Lilas, Cepece, Cuplé, El Armario de QK, Miss Mariquita, Violeta y Chloe, Lugodress, Mariña, Peletería Lucus, Carmen moda, Confecciones García, Urban Foot,
Mi Luna, Firi, Opticalia, Miky Moda, Amorissimi, Kucadas, La Compagnie des Petits e Moninadas.
Outra novidade para esta edición é a apertura do desfile a modelos afeccionados ademais dos profesionais, grazas a apertura dun cásting na celebrado na cidade.