A plataforma Lugo Novo convoca para hoxe e mañá as votacións para elixir ao cabeza de lista para as eleccións á alcaldía de Lugo. Á mesma preséntanse dous candidatos Xoan Rompe, activista social e ex militante do BNG e de Abre la Muralla e Santiago Fernández Rocha, mestre e ex militante e candidato do CDS de Adolfo Suárez .
Parece ser que finalmente será Fernández Rocha quen saia elixido, incluso semella que xa hai unha lista confeccionada que acompañaría ao candidato, onde estarían nos últimos postos nomes como: Zita Méndez, ex concelleira de Esquerda Unida e Xosé Anxo Laxe, ex concelleiro do BNG.
A menos de dous meses para as eleccións, aos militantes e simpatizantes da plataforma agárdalles un arduo traballo para dar a coñecer ao candidato.