Ferreira do Valadouro está de anirversario, e non puido ter mellor celebración que co XIII Mercado Tradicional de Primavera do municipio mariñán, co que colabora o Goberno provincial. Ao longo da xornada de onte e hoxe, os
veciños caracterizáronse con roupa tradicional, como as zocas, unha sinal de identidade deste sinalado mercado, e rememoraron o pasado labrego da vila. A celebración desta edición do mercado coincide co 125 aniversario da vila.
Durante estas xornadas puidéronse desfrutar de concertos, pasarrúas, desfiles de rozas e roupa tradicional, ruta de tapas, exposición de zoqueiros, demostracións de oficios tradicionais, exhibición de baile, entre outras actividades. A vila tamén presentou decoración acorde coa temática do mercado, houbo demostracións de oficios tradicionais e ruta de tapas. O peche desta edición correu a cargo de Susana Seivane e Ruxe-Ruxe.