O BNG presentou ao candidato á alcaldía de Pol para as eleccións municipais de maio. Óscar Carballés, que opta por primeira vez a formar parte da corporación municipal, indicou que “o proxecto do BNG para Pol é o dun concello moderno e eficaz, ben xestionado e con transparencia”. Dende o BNG estase traballando para aportar ao concello un cambio responsable, “un concello con bos servizos públicos, como a Residencia con Centro de día esixido polo BNG xa no ano 2007”.
“Estamos recibindo mostras de apoio por que se percibe ao BNG como unha forza renovada, en claro ascenso, con proxecto para os concellos e para Galiza e temos o respaldo de moitos anos de traballo serio e rigoroso” dixo Carballés. Dende o BNG cualificouse como “desgastado e sen proxecto” ao actual equipo de goberno e argumentouse que “Pol precisa ideas novas e xente con ilusión para levalas a cabo”.
O candidato á alcaldía afirmou “imos a por todas porque estamos convencidas de que é o momento de darlle un cambio á política deste concello”. Carballés sostivo que “a presenza do BNG na corporación municipal será fundamental para que Pol avance” e agradeceu o apoio de todas as persoas que forman militan e simpatizan co BNG en Pol.
Mar 25, 2019 - 07:24 PM
Moita forza Osk Kar Ba!! 👏🏽