A Garda Civil imputou hoxe en Samos, en calidade de investigado, a un veciño de Sarria de 25 anos de idade como suposto autor dos delitos de denuncia falsa e desordenes públicos. Os feitos que se lle imputan, tiveron lugar o pasado día once de febreiro cando supostamente a persoa investigada realizaba unha chamada telefónica ao centro de emerxencias da Garda Civil comunicando un delito de danos.
O investigado manifestou na chamada que, dende un vehículo en circulación, estábanse a lanzar obxectos contra outros vehículos estacionados no centro da localidade de Samos. Unha vez atendida a chamada, os axentes da Garda Civil comprobaron que era falsa e iniciaron, polo tanto, unha investigación na que constataron que a persoa que fixera a chamada atopábase neses intres no interior dun local hostaleiro de Sarria.
A persoa investigada foi posta a disposición xudicial.