Ribadeo e Barreiros escenarios do novo videoclip de Dios ke te Crew

O grupo de rap galego Dios ke te Crew vén de estrear o videoclip Melancolía, título dunha das cancións que conforman o seu novo álbum O ciclo da serpe.

Xaime Miranda, director deste traballo audiovisual, rodado integramente na Mariña, nos concellos de Barreiros e Ribadeo, contou co mariñán Iago Villarino, para a dirección de fotografía; para dar vida aos personaxes da historia que narra o videoclip, contou coa colaboración dos veciños da zona Ramón Becerra, Ana Acevedo, o neno Iago Balseiro e os irmáns Cilia e Marcelo Villarino, entre outros. Así mesmo, o Camping A Gaivota e o Bar Moderno, ambos de Barreiros, cederon xenerosamente as súas instalacións para rodar algunhas das escenas que aparecen en Melancolía.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com