A Garda Civil vén de imputar en calidade de investigada a unha veciña de Viveiro de 21 anos de idade como presunta autora dun delito de estafa por poñer á venda por internet un teléfono móbil, e non envialo ao comprador do terminal unha vez efectuado o pago.
A muller investigada foi posta a disposición xudicial.
Roubo con forza
A Garda Civil detivo na mañá de onte en Lugo a un veciño da localidade de 33 anos como suposto autor dun delito de roubo con forza nas cousas. Os feitos tiveron lugar no termo municipal do Corgo ao roubar dunha desbrozadora e un taladro. O detido foi posto a disposición do Xulgado de Instrucción número 1 de Lugo.