O Grupo Fotocinematográfico Fonmiñá organiza, un ano máis, a súa Semana de Cine que chega xa á súa 41 edición. Fonmiñá, co apoio da Xunta de Galicia, o Concello de Lugo, o Campus de Lugo da USC e a Deputación, está a traballar na organización desta cita cultural e que xa conta co seu cartaz anunciador.