Afundación, a Obra Social de ABANCA, continúa desenvolvendo a cuarta edición do seu programa Fálame da emigración no que maiores voluntarios e alumnas e alumnos de centros escolares de toda Galicia dialogarán sobre vivencias na emigración.
A iniciativa enmárcase na liña estratéxica O valor da experiencia, da Área de Envellecemento Activo de Afundación, que ten como obxectivo ampliar as oportunidades de participación e de contribución social das persoas maiores,
aproveitando o seu talento e a súa experiencia vital e profesional, a través de programas interxeracionais e de voluntariado, que beneficien outros grupos da sociedade.
Mañá xoves 28 de marzo, ás 11.45 h, celebrarase un encontro no CPR Torre de Lemos entre as persoas voluntarias do Espazo +60 Afundación de Monforte e alumnos e alumnas de 2.º de ESO do centro educativo. Os socios contarán as súas experiencias como emigrantes en países como Suiza, Inglaterra o Venezuela.
‘Pintando xuntos’, en Viveiro
Por outra banda, o Espazo +60 Afundación de Viveiro celebrará tamén mañá, xoves 28 de marzo, a entre as 11.00 h e as 13.00 h, unha actividade de interxeracional e multidisciplinar na que darán a benvida á primavera. Un total de 50 alumnas e alumnos do CEIP Landro de Viveiro compartirán con 5 persoas socias do Espazo +60 Afundación diversas actividades que terán como fío condutor o cambio de estación.
Así, desenvolverán proxectos vinculados coas artes plásticas e a lectoescritura, que terán como protagonistas uns animais representativos da estación das flores: as xoaniñas. Ademais, a partir deste fío temático recitarase un poema de Gloria Fuertes e aprenderán diferentes ditos e adiviñas vinculados con este animal. As actividades manuais do obradoiro permitirán que cada nena e neno poida levar consigo a xoaniña que realice en cartolina co apoio dalgunha das persoas socias do Espazo +60 Afundación Viveiro.