O Emevé despídese da tempada ao grande, con Teledeporte

Esta fin de semana o Pavillón Municipal será unha festa para o Club Voleibol Emevé. Os dous conxuntos que militan na Superliga Iberdrola e na Superliga Masculina 2 pechan a tempada en casa este mesmo sábado.

O conxunto feminino que dirixe José Valle, despídese esta fin de semana da categoría de ouro do voleibol nacional, ao non conseguir a permanencia, aínda que si demostraron o gran nivel que teñen na pista. Non é un adeus, xa que o club quere volver ascender a tempada que vén cun pouco máis de experiencia e ambición.

O sábado ás 19:00 horas no Pavillón Municipal e emitido por Teledeporte en diferido o luns 1 de abril, celébrase o último partido de liga regular das  loitadoras contra o Avarca de Menorca, quinto clasificado en liga. O adestrador lucense expón un partido “bonito” onde a loita será ata o final e o bo xogo reinará na pista.

Ademais será o gran debut de Ainara Burgo, canteirá do club e aínda en idade cadete, que tras a baixa de Carmen Saá por estudos, entra na convocatoria do club lucense, demostrando a gran saga que aínda ten o club na súa canteira. O probable septeto inicial: María Sanjurjo, Laura Villasante, Lucía Prol, Tea Andri’c, Irene Yáñez, Aitana Fernández
e Eliana González ( Líbero). Como reservas: Ainara Burgo, Julia Paradela, Paula Lorenzo, María Aguiar, Eugenia Nosach, Natalia Aispurúa e Alba Pizarro.

O conxunto masculino, xoga o sábado ás 17:00 horas no Municipal, contra un equipo moi coñecido e veciño como o Club Vigo Voleibol. Un encontro de galegos na última xornada ligueira, na que os locais parten como favoritos, pensando xa na fase de ascenso, pero con ganas de levar a liga invictos na marcadora.

O conxunto vigués sexto na clasificación, vén a Lugo coa opción de terminar a tempada cunha vitoria, que os de Diego Taboada non lle deixarán nada fácil. O septeto titular: Antonio Mondejar, Adrián García, Victor Bouza, Chema Giménez, Anass Anzaui, Manuel Branco e Mario Dovale ( Líbero). Como reservas: Guillermo Avendaño, Rubén López, Pedro Sánchez e Jordi Ferreiro.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com