O CRAEGA recibe o XIX Premio ARESA de desenvolvemento rural

O Presidente da Deputación, Darío Campos Conde, participou este venres, na entrega do XIX Premio ARESA de Desenvolvemento Rural no auditorio da Facultade de Veterinaria no Campus de Lugo e na que se entregou este galardón ao Consello Regulador da Agricultura Ecolóxica de Galicia (CRAEGA). Este premio, convocado pola Universidade de Santiago de Compostela e o grupo ARESA, ten como obxectivo recoñecer ás persoas, empresas ou institucións que contribúen á mellora do rural de Galicia.

CRAEGA é o órgano encargado do control e certificación en Galicia de sistemas de producións ecolóxicas que buscan conseguir alimentos de máxima calidade. A súa candidatura foi elixida por unanimidade por cumprir con todos os requisitos do Premio como son os de xerar postos de traballo de calidade no rural, poñer en valor os produtos da terra, recuperar subsectores agrícolas e gandeiros tradicionais con potencial para desenvolverse e procurar a  innovación en produtos e métodos produtivos.

No acto, o Presidente do Consello Regulador Agricultura Ecolóxica de Galicia, Francisco López Valladares foi o encargado de recoller este premio, dotado con 10.000 euros, así como o seu diploma e honores correspondentes. Na entrega deste galardón proxectouse un vídeo promocional de CRAEGA sobre a evolución dos produtos ecolóxicos e contou coa intervención de José Manuel Silva Rodríguez, ex Director Xeral de Agricultura da Comisión Europa que impartiu a conferencia “A produción ecolóxica. Dun mercado testemuñal a unha tendencia irreversible”.

José Manuel Silva, membro do xurado do Premio ARESA, destacou as tres razóns principais polas que se decantaron por este galardoar a CRAEGA: “Facer que a agricultura ecolóxica sexa un dos motores do desenvolvemento rural, cunha especial resposta á demanda de consumo en Galicia; defender un proxecto de control e regulación da produción de maneira multisectorial, e lograr que a agricultura ecolóxica sexa unha das causas principais para a maior implantación de mozos no mundo rural e agrario”.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com