BNG: “Dende o San Froilán está sen amañar a rede de auga na rúa Frai Plácido Rei Lemos”

O voceiro do BNG no Concello de Lugo, Rubén Arroxo, criticou hoxe a “inacción” do goberno municipal: “non son capaces nin de arranxar unha obra que quedou sen rematar en outubro do ano pasado e que está no centro da cidade”. Arroxo explicou que “estas obras puxéronse en marcha cando, durante o San Froilán, houbo que facelas con urxencia por que afectaba ás casetas do polbo e aos negocios e vivendas da zona”.

“Unha multitude de montóns de terra e barandas de plástico ocupan a beirarúa sen que se fixera nada dende outubro do pasado ano” salientou Arroxo. Cando en outubro de 2018 se producira o rebentón solucionouse con un by-pass para asegurar o subministro de auga naquel momento e a día de hoxe as obras continúan ser rematar “producindo importantes molestias para as persoas que transitan pola zona e ofrendo unha imaxe nefasta da zona”.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com