Mondoñedo acollerá o Centro Español de Documentación Espeleolóxica

A Confederación de Espeleología y Cañones (CEC) celebrará a súa asemblea xeral o vindeiro 4 de maio en Mondoñedo, data que aproveitarán para abrir as portas do Centro Español de Documentación Espeleolóxica, que vai estar emprazado no Pazo de Santo Tomé, Centro Comarcal, de titularidade municipal. No acto participarán os presidentes de todas as federacións autonómicas e das dúas asociacións presentes na CEC.

O Centro de documentación aglutinará no espazo cedido polo Goberno local a biblioteca da Federación Galega de Espeleoloxía, así como as memorias de todas as exploracións que se fixeron en España e a documentación da antiga Federación Española. Son, tal e como explica o presidente da Federación Galega e secretario da Confederación Española, Francisco Manuel Martínez García, preto de 3.000 volumes que serán organizados nunha primeira fase para, nun futuro, poder ser dixitalizados.

Martínez García precisa ademais que varias federacións autonómicas amosaron o seu interese por achegar novas publicacións, que pasarán a formar parte do centro. Toda a documentación estará á disposición dos federados, así como do público en xeral baixo solicitude previa.

A rexedora da localidade, Elena Candia, agradece o interese da Confederación e da Federación Galega por emprazar o Centro Español de Documentación Espeleolóxica en Mondoñedo, o que permitirá que a cidade pase a ser, xunto coa Cova do Rei Cintolo, “un referente imprescindible no mundo da espeleoloxía” ao sumar “este importante reclamo”.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com