O BNG propón crear zonas para pintar grafitis no Agro do Rolo

O candidato do BNG-Asambleas Abertas, Rubén Arroxo, visitou a praza do Agro do Rolo acompañado do presidente de UNAVE, Valentín Árias e de Daniel Cabana, membro da candidatura do partido nacionalista. Arroxo lembrou que o BNG no seu paso polo goberno municipal “xa deu pasos para humanizar esta praza” e sinalou que é necesario humanizar espazos como esta praza, buscar solucións aos problemas de estacionamento e adecentar o entorno para dar calidade de vida á xente da zona”.

E engadiu: “Temos claro que mellorar a praza do Agro do Rolo, igual que outras zonas de cidade, é cuestión de vontade e de escoitar ás persoas que viven na zona” afirmou Arroxo”.

No tocante á cultura urbana, o candidato nacionalista apuntou a necesidade de, eliminar as pintadas pouco estéticas e de chegar a acordos para crear “zonas de pintada” que contribúan a mellorar a imaxe do barrio. Para o candidato do BNG-AA “esta praza carece de sombra para o verán, de abrigo para o inverno, de zona de xogos para os nenos e nenas” e engadiu que “facer esto non é unha grande inversión é cuestión de facer que Lugo funcione.”

Rubén Arroxo:

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com