A Xunta entrega á Federación de Veciños máis de 350 árbores autóctonas para repartir entre as asociacións

A Consellería do Medio Rural entregou hoxe á Federación Provincial de Asociacións de Veciños de Lugo 350 exemplares de árbores, a maioría castiñeiros, que serán repartidos polo colectivo entre diferentes asociacións da provincia.

O delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, explicou que se trata de exemplares de especies autóctonas que proceden do viveiro de Sambreixo, que Medio Rural xestiona en Guitiriz. A Xunta vén colaborando coa Federación facilitando árbores para plantar en torno ás datas de celebración do Día Internacional dos Bosques -que se conmemora o 21 de marzo-. Nesta ocasión, a Consellería fixo entrega de 270 castiñeiros, 25 cerdeiras, 15 freixos e 25 pradairos ao colectivo veciñal da provincia de Lugo.

Balseiro lembrou a importancia de que toda a sociedade se implique no coidado do entorno natural e, de xeito especial, destacou a relevancia de concienciar aos rapaces máis novos, e nese sentido explicou que Medio Rural está a desenvolver actividades divulgativas en colexios de toda a provincia co obxectivo de sensibilizar aos escolares sobre a necesidade de preservar os montes.

As actividades son realizadas por persoal dos distritos forestais e inclúen plantacións, charlas explicativas e demostracións para concienciar aos nenos e nenas sobre a importancia das árbores no noso entorno e sobre a prevención dos incendios forestais. Estas actividades, programadas en torno á data de celebración do Día Internacional dos Bosques, xa se levaron a cabo en distintos centros educativos e está previsto que continúen durante este mes en colexios de concellos pertencentes ao distrito VII (CEIP Santa Mariña e IES Fontem Albei da Fonsagrada; CPI das Nogais; CPI Daniel Monje de Navia de Suarna; CPI Uxío Novoneira de Pedrafita do Cebreiro e CPI de Cervantes); e ao distrito VIII (colexio Escolapios de Monforte de Lemos e CEIP de Ribas de Sil).

O delegado territorial de Lugo destacou que o monte constitúe “unha parte fundamental e elemento diferenciador do noso territorio”, que supón unha “fonte de prosperidade e riqueza ambiental, económica e social”, de aí a importancia de realizar unha xestión eficiente e sostible e de que os montes estean limpos e ordenados para que manteñan o seu valor e estean mellor protexidos ante os incendios forestais.

Novas relacionadas

  1. Furgalla Rauda
    Abr 02, 2019 - 08:46 PM

    Aquí o que non corre voa😂😂

    Reply
  2. Furgalla Rauda
    Abr 02, 2019 - 08:45 PM

    Esto tamen e un acto electoral

    Reply

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com