A Garda Civil de Lalín vén de presentar todo o material incautado aos sete detidos no marco da Operación Espá, acusados dun cento de roubos acometidos nas provincias de Lugo e Pontevedra.
O Instituto Armado asegurou que, durante as investigacións, foron decomisados numerosos obxectos procedentes dos presuntos saqueos, a maioría no interior de vivendas do rural galego. Aínda que a zona máis afectada pola actividade deste grupo de mozos entre os 18 e os 33 anos, foron os municipios da comarca de Caldas, na provincia de Pontevedra, tamén se rexistraron numerosos roubous noutras localidades pontevedresas.
En Lugo, considéranse autores dos roubos cometidos o pasado mes de decembro no Hotel Balneario de Guitiriz.
Delito de furto
Noutro senso, axentes da Garda Civil detiveron na mañá de onte a un veciño de Lugo de 40 anos de idade como presunto autor dun delito de furto de xoias. No marco dun operativo policial, os axentes investigaban o furto cometido no interior dunha vivenda habitada aproveitando un descuido dos seus propietarios. As xoias foron, supostamente, vendidas polo detido nun establecemento de compra -venda de ouro. O detido foi posto a disposición do Xulgado de Instrucción número 1 de Sarria.
Contra a saúde pública
En Vilalba, a Garda Civil detivo onte en torno ás 21.30 horas a un vilalbés de 22 anos como suposto autor dun delito contra a saúde pública. Os feitos tiveron lugar tras identificar ao condutor e ocupantes dun turismo no termo municipal vilalbés, co que constataron que un dos usuarios do vehículo tiña no seu poder dúas tabletas dunha substancia de cor marrón, supostamente haxix, que supoñían un total de 194 gramos. O detivo foi posto a disposición do Xulgado de Garda de Vilalba.