Dúas alumnas do IES Río Cabe de Monforte, clasificadas nas Olimpíadas de Estatística 2019

O equipo do IES Río Cabe conseguíu acabar en segunda posición a fase nacional da Competición Estatística Europea, (Sétima edición da “Olimpíada de Estatística” que organiza o Instituto Nacional de Estatística), sendo o equipo galego coa mellor posición nas sete edicións celebradas desta Olimpíada.

O equipo está formado por 2 alumnas de 4º de Educación Secundaria Obrigatoria: Andrea Ferreiros Sánchez e Marina García Blanco que, tras lograr este segundo posto na Olimpíada de Estatística, acceden á fase europea, na que haberá representantes doutros 14 países que tamén celebraron competicións nacionais.

A fase nacional da Competición Estatística Europea está organizada polo Instituto Nacional de Estatística (INE), a Sociedade de Estatística e Investigación Operativa (SEIO) e a Facultade de Estudos Estatísticos da Universidade Complutense de Madrid (FEE). Entre os obxectivos deste concurso destaca o intento de promover a curiosidade e o interese pola estatística entre os estudantes, así coma o traballo en equipo e a colaboración para conseguir logros comúns.

As alumnas do IES Río Cabe, Andrea e Marina, tiveron que superar dúas probas. A primeira delas consistiu en varios test de coñecementos estatísticos e na segunda proba tiveron que realizar un estudo estatístico sobre a inserción laboral dos titulados universitarios.

Esta é a sétima edición en que se celebra a Olimpíada de Estatística Nacional e a segunda vez a nivel Europeo.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com