O empresario presidente de Leite Río, Jesús Lence, faleceu nas últimas horas de onte despois dun ingreso no Hospital Polusa tras agravarse a súa saúde.
Jesús Lence, que finou con 79 anos, deixou o seu grupo empresarial para garantir as inversións que estaban previstas e que continúe crecendo. No Consello de Administración da empresa estaban xa os seus dos fillos, Carmen e Luis, e dous directivos de confianza.
Condolencias da CEL
A Confederación de Empresarios de Lugo (CEL) deixou constancia esta mañá, a través dun comunicado, o pésame pola perda “dunha persoa e empresario irrepetible en Lugo, exemplo fundamental de cómo a aposta pola riqueza e os recursos propios da provincia pode transformarse nunha industria forte, xeradora de riqueza e emprego.