Carballo presenta un equipo renovado “disposto a traballar” para pór Lugo en marcha

A presidenta provincial do PP, Elena Candia, presentou á candidatura popular de Lugo, encabezada por Ramón Carballo, como “o equipo de goberno que terá o municipio de Lugo a partir do vindeiro 26 de maio”.

Elena Candia amosou a súa confianza na capacidade de formar equipo do alcaldable “tedes ao mellor candidato. Ramón é unha persoa de consensos e que quere para Lugo o que quere calquera outro cidadán que ama a súa cidade: que avance, que non perda oportunidades de futuro, en definitiva, que mire polos seus”. Da candidatura destacou “a súa pluralidade e que son un fiel reflexo da sociedade lucense”.

Ramón Carballo presentou a súa candidatura como “un equipo profundamente renovado e preparado para gobernar Lugo”. “É o equipo gañador que Lugo precisa para sair da parálise na que se atopa. Despois de 20 anos de socialismo é preciso un cambio e o único partido que pode activar Lugo é o Partido Popular”, salientou. Nos 13 primeiros postos, que se necesitan para a maioría, incorpóranse 11 caras novas polo que a renovación é dun 85% con respecto á anterior candidatura.  O alcaldable definía ao seu equipo como “un grupo de xente multidisciplinar con experiencia e prestixio profesional en diferentes sectores”. “É unha candidatura equilibrada de homes e mulleres cuxa media de idade é de 45 anos”.

A médica de familia, María del Carmen López Silva (número 2), é unha das novidades, presentada o pasado venres polo candidato, e á que se suman outras caras novas relacionadas co mundo da educación tanto universitaria como de formación profesional. Trátase da profesora de universidade Beatriz Isabel Váquez Belda (número 4), reputada investigadora e responsable técnico do laboratorio de hixiene, inspección e control de alimentos e Sagrario Sánchez Ramil (número 6) xefa de área de administración e xestión do CIFP de As Mercedes e profesora de formación profesional na familia de instalación e mantemento.

Outras incorporacións son as de Oscar Poy Franco (número 7), encargado de compras e responsable nunha sala de despece dunha industria cárnica; e o profesor do Colexio dos Salesianos, Javier Vázquez Prado (número 8). A Xefa territorial da Consellería de Política Social, María Cristina Abades Martínez é a seguinte na lista (número 9). Outra das incorporacións é a do veterinario e xefe de servizo de Industrias Agroalimentarias, Rafael Manuel Pérez Prados
(número 10).

Completan os trece primeiros postos a socióloga Mar Carballas Piñeiro (número 11) que na actualidade traballa como xestora laboral; o oficial do rexistro da propiedade, Agustín Francisco Pérez-Batallón Ordoñez (número 12) e a avogada Eugenia Vizcaíno Gómez (número 13).

Da anterior etapa repiten os concelleiros Antonio Ameijide (nº3) y Manuel  López (nº5), Ángel Trabada (nº14) e pechando, de xeito simbólico, María de los Ángeles Teijeiro (nº25).

O alcaldable rematou o acto asegurando que “ainda que este é o mellor equipo, necesitamos da forza de todo o partido para conseguir o obxectivo que non é outro que conseguir a alcaldía do Concello de Lugo e o goberno
da Deputación. Nós sós non chegamos”.

Novas relacionadas

  1. Eutasia
    Abr 09, 2019 - 03:18 PM

    Jaaaa…algúns da lista non deron golpe na súa vida…como gañen creo q me mudo de concello

    Reply
  2. Luis Díaz
    Abr 09, 2019 - 03:07 PM

    Mejor os quedáis en vuestra casita , no queremos que goberneis Lugo como lo habéis hecho con España .

    Reply

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com