Tres días sen calefacción no centro de saúde de Antas de Ulla

O PSOE de Antas de Ulla denuncia que o centro de saúde do municipio leva 3 días sen calefacción porque, segundo denuncian os socialistas, o alcalde non achega o combustible para a caldeira de gas. A voceira municipal da agrupación, Pilar García, explicou que foron “moitas” as queixas recibidas dos veciños alertando deste problema “é inadmisible que o noso centro médico, nun concello pequeno, do rural, cunha poboación envellecida, non teña as condicións mínimas para que os nosos maiores sexan atendidos dignamente”.

“Por desgraza, esta situación é unha mostra máis da desidia e do abandono na prestación de servizos públicos por parte do goberno do PP en Antas de Ulla. A incompetencia e incapacidade de xestión do señor Varela está provocando un grave prexuízo aos nosos veciños, e iso non o imos permitir. Dende o PSOE agardamos que se tomen as medidas necesarias para solucionar o problema de inmediato e se depuren responsabilidades”, subliñou a socialista.

A voceira municipal socialista advertiu que “o centro de saúde en Antas de Ulla atópase nun estado moi deficiente debido a falta de mantemento por parte do Concello, que é o titular do ambulatorio. Os baños están en moi mal estado, o edificio non conta con ascensor para subir á segunda planta e existe unha gran carencia de aparcadoiros. O Alcalde podería pedirlle aos seus compañeiros do PP na Xunta de Galicia que destinen novos investimentos para mellorar as instalacións e, deste xeito, o servizo de atención primaria, pero nin iso fai polos seus veciños”.

Novas relacionadas

Unha resposta

Deixa unha resposta

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com