De Olano: “o PP se compromete a baixar impostos e a garantir a estabilidade orzamentaria”

O cabeza de lista ao Congreso do PP pola provincia de Lugo, Jaime de Olano, asegurou que “o Goberno que presidirá Pablo Casado adquiriu máis de 500 compromisos cos españois” no programa electoral do Partido Popular que presentaba onte o líder dos populares. Trátase dun “contrato cos españois” que “ofrecemos a aqueles que observan horrorizados como Pedro Sánchez se botou nos brazos dos independentistas, os pro-etarras de Bildu e de todos aqueles que queren romper España”. Ante esta situación, De Olano explicou que “dende o PP ofrecemos propostas de fortalecemento das nosas institucións democráticas”.

Tamén ofrecemos “un contrato aos millóns de españois que ven como cada día a economía vai a peor e o Goberno o nega”. A este respecto, recordou que “nos nove meses de Goberno de Sánchez xa se destruíu emprego” e “a industria española está en recesión”. Un exemplo claro deste feito atopámolo na nosa provincia onde vemos como “está en risco unha das principais industrias, Alcoa, sen que o señor Sánchez sexa capaz de ofrecer solucións”, lamentou De Olano.

O popular sinalou tamén que “o pacto cos españois dende o punto de vista fiscal baséase en dous principios fundamentais: unha baixada de impostos xeralizada e a garantía da estabilidade orzamentaria”. Concretamente, De Olano citou “unha baixada en tódolos tramos do IRPF, do imposto de sociedades, a eliminación do imposto de sucesións, patrimonio e o de actos xurídicos documentados para a constitución da primeira hipoteca co obxectivo de axudar aos mozos a adquirir a primeira vivenda”.

“Ao mesmo tempo que rebaixaremos os impostos, garantiremos unha estabilidade orzamentaria fronte ao despilfarro do señor Sánchez que ultimamente se dedica a gastar o diñeiro de todos sen o respaldo presupostario”, engadiu De Olano.

O cabeza de lista do PP ao Congreso pola nosa provincia puxo de relevo “o fortalecemento das medidas de benestar que o Partido Popular pretende levar a cabo seguindo co impulso ao incremento das pensións”; así coma “o contrato coa España rural” á que considera que se deben garantir os servizos e infraestruturas para que “non existan españois de primeira e españois de segunda”.

O Partido Popular agrupa as medidas propostas en 10 bloques que se corresponden coa estrutura do decálogo enunciado por Pablo Casado na Convención Nacional, o seu “Contrato con España”. O primeiro bloque das medidas propostas polos populares recolle o compromiso do PP co fortalecemento da nación a través do seu compromiso coa Constitución, a legalidade e a convivencia. O segundo recolle medidas para unha “revolución fiscal” que pasan por baixar os impostos –IRPF, Sociedades; suprimir os de Sucesións, Doazóns e Acto Xurídicos Documentados e, incluso, blindar o aforro para a xubilación- e ofrecer estabilidade orzamentaria ao tempo que se reduce a débeda.

O terceiro bloque de medidas pretende garantir o dereito á liberdade educativa co castelán como lingua vehicular ordinaria e un MIR educativo para seleccionar aos mellores profesores. Pola súa banda, no bloque número catro o programa electoral de Pablo Casado amosa o seu compromiso co actual modelo de benestar que implica unha atención integral aos nosos maiores e persoas en situación de dependencia. Nese senso, “apostamos por unha Estratexia nacional contra a soidade dos nosos maiores, unha política integral que fomente o envellecemento activo e saudable, a autonomía persoal e a saúde”; pero tamén recolle “un plan de redución de listas de espera nas solicitudes de axuda para a dependencia nun máximo de 30 días”.

Tendo en conta o reto demográfico, os populares sinalan no bloque cinco a necesidade de que “todas as administracións se impliquen no apoio ás familias e á natalidade”. A este respecto, Pablo Casado ten anunciado unha Lei de apoio á maternidade que contemple “medidas para ampliar a conciliación e impulsar outras en materia fiscal a favor das familias”.

Novas relacionadas

  1. Jesús Manuel Fernández Abuín
    Abr 10, 2019 - 05:25 PM

    Rajoy saltounos todos, punto por punto

    Reply
  2. José Manuel González Díaz
    Abr 09, 2019 - 10:18 PM

    Eso non o crees non ti, todo mentira

    Reply

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com