A Policía descubre un cultivo de marihuana ao acudir a unha presunta agresión dun fillo á súa nai

Un mozo de 36 foi detido por un delito de tráfico de drogas e outro de malos tratos no ámbito familiar. A Policía Nacional descubría un cultivo de marihuana no domicilio do mozo, en Viveiro, ao acudir á vivenda ante unha suposta agresión do home hacia a súa nai.

Os feitos tiveron lugar cando, a través da Sala do 091, requeriuse presenza policial nunha vivenda da rúa viveirense da Misericorcia, onde o detido agredira á súa mai. Unha vez alí, a Brigada de Seguridade Cidadá percibiron o que tildaron de “cheiro intenso” tralo que a vítima, nai do agresor, lles indicou que o seu fillo cultivaba marihuana no domicilio.

Unha vez cos permisos perceptivos, os axentes accederon ao domicilio para rexistralo e puideron atopar tres prantas de marihuana nun invernadoiro na terraza, conectado, mediante tubos de extracción cunha cabina térmica que se atopaba no interior da vivenda.

Asemade, no domicilio atoparon numerosos efectos e maquinaria “perfectamente montada” para cultivar estas plantes. No lugar, ademáis, había extractores, humidificadores, lámpadas térmicas, sensores de humidade e outro material en funcionamento.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com