O BOP publica hoxe a convocatoria, por promoción interna, de 5 prazas de Policía Local

O Boletín Oficial da Provincia (BOP) publica hoxe o anuncio das bases para o acceso en propiedade por promoción interna a tres prazas de inspector e dúas de oficial da Polícía Local, contempladas na oferta de emprego público do 2016 do Concello. O procedemento, segundo marca a normativa, continúa agora coa publicación da convocatoria no Diario Oficial de Galicia (DOG) e no Boletín Oficial do Estado (BOE), momento no que se abrirá o prazo de inscrición, se configurará e publicará unha lista provisional de persoas admitidas, se abrirá un prazo de alegacións para a aprobación da lista definitiva, a aprobación dos tribunais cualificadores e a celebración das probas.

Estas 5 prazas de promoción interna forman parte das 19 de Policía Local incluídas nas últimas catro ofertas de emprego público do Concello. Dúas delas, as de 2015, xa están cubertas.

Coas 26 prazas de Policía Local acordadas en febreiro en Mesa Xeral de Negociación, son 45 as incluídas nas catro ofertas de emprego público (das cales 10 son para inspector). Deste xeito cubriranse o 100% das xubilacións.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com