O Ministro de Ciencia, Innovación e Universidades, Pedro Duque, manterá un encontro con socialistas da provincia este domingo en Lugo para poñer en valor as políticas levadas a cabo polo PSOE no Executivo Central durante estes 10 meses de goberno.
O acto, que terá lugar ás 11:30 horas no IES Lucus Augusti da capital lucense, contará coa participación do Secretario Xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, do Secretario Xeral Provincial, Álvaro Santos e da Presidenta do partido e Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez.
Este acto está enmarcado na campaña do PSOE para as eleccións xerais na provincia de Lugo, “co que queremos obter unha ampla maioría para seguir impulsando medidas comprometidas coa igualdade e a xustiza social e garantir que as dereita máis reaccionara non goberne este país”.