A cabeza de lista de En Marea ao Congreso dos Deputados Cristina Pérez Herraiz participou onte nun mitin de no Conservatorio de Música de Viveiro xunto ao portavoz Luís Villares e os candidatos ao Senado Victoria Esteban Riescoe Manuel Germade Mayo. Ante un nutrido grupo de veciños e veciñas da cidade, Cristina Pérez defendeu o papel estratéxico para a economía galega de portos coma o de Celeiro e reivindicou cotas xustas para a actividade pesqueira, que non utilicen baremos que prexudican a posición galega fronte a outras comunidades. Asemade reclamou “infraestruturas eficientes que fagan competitiva a descarga dos pesqueiros nos seus portos galegos de orixe”. Pérez prometeu “levar a Madrid a voz do sector do mar”
Esta web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales coma reconocerte cando volves á nosa web ou axudar ó noso equipo a comprender qué seccións da web atopas máis interesantes e útiles.