O BNG presentou a candidatura completa para as eleccións municipais no concello de Sarria. Castro afirmou “somos un grupo unido e estamos centrados en traballar por Sarria e non en revoltas internas”. Efren Castro deu conta das 20 persoas que conforman a candidatura un total de 17 persoas candidatas e 3 suplentes. “Dez homes e dez mulleres que teñen demostrada a súa valía en diferentes ámbitos profesionais e implicación política e social”.
“Estamos recibindo mostras de apoio por que se percibe ao BNG como unha forza renovada, en claro ascenso, con proxecto para Sarria e para Galiza e temos o respaldo de moitos anos de traballo serio e rigoroso” dixo Castro Dende o BNG argumentouse que “todos os indicadores son positivos e cremos que podemos rachar os nosos teitos e resultados históricos”. O BNG presentará unha candidatura incorporando na que se mesturarán persoas con activismo en diversos ámbitos.
O candidato do BNG sostivo que “a presenza do BNG na corporación municipal foi fundamental neste mandato para garantir o mantemento de moitos servizos públicos e imos traballar obter o mellor resultado posible e facer que Sarria continúe a avanzar a partir de maio de 2019”.
A lista
- Efrén Castro Caloto – Actual tenente de alcalde
- Mónica López Rodríguez – Actual concelleira de Cultura
- Adela Fernández Armesto
- Fernando José López Campo
- Ariadna Segalà Farrés
- Silvia Vázquez Rodríguez
- Jennifer López López
- Germán Arias López
- Luís Angel López Melle
- Paula Arias Pérez
- Miguel Angel López Fojo
- Ainara Alonso Oliveira
- Thadeu Castro Ferreira
- María Fernández Pérez
- Xosé Elias Somoza Regueiro
- Ana Maria Sobrado Prado
- Jose Luís Castro Páramo
- Maria Elvira Pallares Gallego
- Jesus Sergio Cela Pardo
- Fiz Castro García