Unha muller falecida tras ser alcanzada por un tren en Rábade

Unha muller faleceu esta mañá, despois de ser alcanzada por un tren de pasaxeiros que circulaba á altura do paso a nivel de Rábade, moi preto da estación desta localidade.

Ao fío das 11:00 horas desta mañá, o persoal de ADIF alertaba ao Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE) 112 Galicia do sucedido. Ata ao lugar desprazáronse de inmediato, tras recibir o aviso do 112 Galicia, os servizos sanitarios do 061, os axentes da Garda Civil e a Policía Local. Ademais, deron conta do sucedido aos Bombeiros de Vilalba, por se fose precisa a súa intervención.

A circulación ferroviaria foi suspendida temporalmente neste tramo pero ao mediodía, persoas de Adif confirmaba o restablecemento da mesma. Ademais, os dous pasaxeiros que viaxaban no convoi foron trasladados ao seu destino en vehículos alternativos. Polo momento, as Forzas da Orde tratan de esclarecer as causas do suceso.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com