O candidato socialista á alcaldía de Monterroso, Rafael García, avanzaba esta mañá os nomes das persoas que o acompañarán nos vindeiros comicios. García defendía a candidatura socialista en tan só tres palabras que representan ao conxunto, dixo, da sociedade de Monterroso: forte, sólida e interxeracional. A lista conta con auxiliares de enfermería, educadores sociais, xubilados, camareiros, construtores ou gandeiros, entre outras moitas profesións. Entre os nomes, Esther Rodríguez, David Rodríguez, Fernando Otero ou María Isabel Vila.
Rafael García destacou que “imos presentar un proxecto para Monterroso de presente e de futuro, con políticas sumamente sociais que busquen o beneficio de todos os veciños e non duns poucos. O noso compromiso é traballar para solucionar os problemas da cidadanía, escoitándoos e xestionando ben os recursos públicos, sempre coa mirada posta no rural e nas nosas parroquias”.
O candidato socialista puxo en valor o importante labor desempeñado polo grupo municipal nesta lexislatura, especialmente o traballo do seu voceiro, Darío Rodríguez Vázquez, “do que estamos moi agradecidos e que nos serve como guía para seguir coa liña de traballo”.
A lista
- Rafael García Figueras
- Esther Rodríguez García
- David Rodríguez Novo
- Fernando Otero Gómez
- María Isabel Vila Vázquez
- Juan Vázquez Varela
- Noelia López Pires
- María Peña Viñas
- Rodrigo Vázquez Rodríguez
- María Luisa García Sánchez
- Oscar Novo Rodríguez
- Victor Castiñeira López
- Magali de Pinho Martínez
- José Luís Vázquez García
- Luis Rodríguez Ferreiro
- Begoña Gómez Cabana
- Tania Rodríguez Carballo
- José Viñas Villar