O presidente do PPdeG, Alberto Núñez Feijóo, pediu esta tarde en Lugo o voto para o Partido Popular, porque “Galicia necesita un presidente de España que nos teña en conta” e non a Pedro Sánchez, que “nin a respecta nin a ten en consideración”.
Así, durante un mitin na capital da provincia, Feijóo apuntou que Sánchez non chamou nin unha soa vez “ao presidente democrático de todos os galegos” nin para trasladar que baixaría o orzamento un 30% á nosa comunidade nin para apoiar algunha emenda que mellorara esas contas nin para demostrar o seu interese polos
traballadores de Alcoa e do sector das electrointensivas nin para comunicar que quere deixar a 5.000 traballadores do forestal na rúa e a 80.0000 familias sen ingresos pola madeira que producen: “Non merece o voto quen non chamou nin respondeu á chamada dos galegos nin unha soa vez”.
Neste punto, o presidente do PPdeG incidiu en que, mentres Pedro Sánchez non tiña en conta a Galicia, Pablo Iglesias presumía de ter firmado os orzamentos con el e de telos negociado previamente no cárcere; reuníase con Torra como “se fosen presidentes de dous estados diferentes”; e chamaba de forma insistente a Otegui, outorgándolle así un papel decisivo aos membros de Batasuna-Bildu. Así, Feijóo avogou por un Goberno que teña en
consideración a Galicia: “Nós non pedimos ser máis que ninguén, pero non permitimos que se nos trate como se fósemos menos que os demais”.
E recalcou que o que lle interesa á nosa Comunidade é un presidente “con palabra” e que cumpra os compromisos do Estado con esta terra. Para iso, segundo sostivo, o único presidente e o único partido que defenden os intereses de Galicia son Pablo Casado e o Partido Popular.
Xa entrados na recta final da campaña, o líder do PPdeG destacou que o PP conta con máis argumentos, máis propostas, máis ganas e con máis forzas e que, de cara o próximo domingo 28, hai que chegar “unidos nas urnas, no voto e no Partido Popular”.
Neste punto, Feijóo remarcou que o PP é a garantía dun goberno que goberna, que xestiona e que axuda a crear emprego e que é, tamén, o único partido con solucións aos problemas de España -o desemprego, o pago das pensións, a alerta por unha desaceleración ou as diferenzas en infraestruturas entre territorios-, porque ten rigor, programa e equipos. Así mesmo, Feijóo advertiu que cun Goberno de Pedro Sánchez a posible desaceleración volverá a ser crise, mentres que cun Goberno do PP seguirase falando de recuperación, porque é un valor seguro para xestionar as dificultades e para o avance do país.
Abr 23, 2019 - 12:35 AM
O q necesitamos é voz para q se nos escoite no Congreso
Abr 22, 2019 - 11:13 PM
Non se pode ser mais hipócrita que este personaje
Abr 22, 2019 - 08:24 PM
Coma o Mariano?
Abr 22, 2019 - 09:04 PM
José Manuel González Díaz si señor👏👏👏👏 muy gallego y ya se ve lo que miro por nuestra comunidad