O BNG propón un ascensor para unir a zona da estación co centro da cidade

O BNG presentou unha proposta para instalar un ascensor que acortase o tempo de chegada entre o centro da cidade e a zona da estación do ferrocarril. Arroxo apuntou “este ascensor encaixa perfectamente co proxecto que se presentou da intermodal, se é que algún día chega a facerse, e de momento vai dar un servizo moi interesante para as persoas que fan uso do aparcadoiro disuasorio”.

Segundo a proposta do BNG, o ascensor quedaría instalado nun dos ocos existentes entre edificios e uniría a rúa Alta con Miguel de Cervantes, nas inmediacións da rúa Luis Cordeiro. Dende a rúa Miguel de Cervantes accederíase ao centro da cidade pola rúa Luis Cordeiro. “Conseguiríase que o tempo e a distancia, para chegar dende a zona da estación ao centro, se reducise considerablemente”.

“Outra débeda do goberno municipal é a instalación do ascensor do Sagrado Corazón que segue sen executarse” lembrou o candidato á alcaldía do BNG. Dende o BNG sinalouse a débeda coas veciñas e veciños do Sagrado Corazón onde “a pesar de que se prometeu en infinidade de ocasións, non se fixo nada”. Arroxo dixo que “non momento en que teñamos responsabilidades de goberno será un dos primeiros asuntos que desbloquearemos”.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com